Juvenes Translatores

19 Set 2019

Juvenes Translatores. A Comisión Europea pon en marcha o seu concurso de tradución para centros de ensino 2019

Os participantes poderán traducir en calquera das 552 combinacións lingüísticas que son posibles coas 24 linguas oficiais da UE. Na edición do ano pasado utilizáronse 154 combinacións.

A partir do 2 de setembro, os centros de ensino de todos os Estados membros da UE poderán inscribirse por vía electrónica, con vistas a que o seu alumnado poida competir co dos demais centros de toda Europa. Este ano, os adolescentes participantes terán que traducir un texto sobre o tema do que os mozos poden facer para contribuír a configurar o futuro de Europa.

A inscrición dos centros de ensino, que é a primeira das dúas fases do proceso, está aberta ata o 20 de outubro de 2019 ás 12.00 horas. O formulario de inscrición pode cumprimentarse en calquera das 24 linguas oficiais da Unión.

A proba terá lugar o 21 de novembro de 2019 simultaneamente en todos os centros participantes. A partir deste ano, o concurso levará a cabo en liña.

O gañadores —un por país— serán anunciados a principios de febreiro de 2020. Recibirán os premios na primavera de 2020, nunha cerimonia especial que se celebrará en Bruxelas. Durante a súa visita á capital belga, os estudantes terán a oportunidade de coñecer a tradutores profesionais da Dirección Xeral de Tradución da Comisión —que son quen avaliaría as súas traducións— e de conversar sobre como é traballar coas linguas.


https://ec.europa.eu/info/education/skills-and-qualifications/develop-your-skills/language-skills/juvenes-translatores_es