Axudas para a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero

19 Set 2019

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral o social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI461A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 19 de setembro de 2019 e en http://igualdade.xunta.gal