Recoñecemento de actividades artesanais

19 Set 2019

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca un programa extraordinario para o recoñecemento de actividades artesanais

Poderán obter a carta de artesán as persoas que exerzan unha actividade artesanal que supoña a creación, produción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estas se presten ou obteñan mediante procesos nos que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o produto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial.

Débese presentar unha certificación de ter superados cursos en centros de ensino cunha duración mínima de 500 horas, ter traballado nun obradoiro artesán cunha asistencia mínima de 500 horas ou exercer unha actividade artesá.

Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2019
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario CO300E en https://sede.xunta.gal.

Máis información no DOG do 19 de setembro de 2019 e en https://artesaniadegalicia.xunta.gal/

DECRETO 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.