I Concurso de videos ‘CIBERESPECT’: ‘Respecto en Rede’.

17 Set 2019

A ONG Ecos do Sur organiza o I Concurso de vídeos de curta duración 'Respecto en Rede', centrado na loita contra os discursos de odio, racistas ou xenófobos a través da creación audiovisual. Os vídeos poden enviarse ata as 14:00 horas do xoves, 14 de novembro.

Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas residentes en Galicia, de 14 anos en diante, presentando un ou máis vídeos orixinais de entre 30 e 120 segundos de duración. O ton e a técnica serán libres, e o contido debe enfocarse á loita contra os rumores, os prexuízos e o discurso de odio, por exemplo:

-Ideas para combater as mensaxes racistas e xenófobos nas redes sociais.
-Contido que favoreza a superación do rumores, os bulos e a desinformación sobre as persoas migrantes e refuxiadas.
-Contido a favor do diálogo e o encontro entre as culturas.
-Contido que defenda a diversidade e os Dereitos Humanos.


O certame está dotado cos seguintes premios:

-Categoría Respecters (de 14 a 17 anos): cheque regalo por valor de 500 euros e material audiovisual.
-Categoría Fighters (máis de 18 anos): 1.000 euros en efectivos e material audiovisual.
-Premio Especial do Público: 250 euros.

Consulta as BASES DO CONCURSO