Director/a de Tempo Libre en Ourense- ETL Aventeira

17 Set 2019

A Escola de Tempo Libre AVENTEIRA ven de convocar un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre a celebrar en Ourense.

Datas:
19-20 Outubro
1-2-3 Novembro
6-7-8 Decembro
25-26-27 Xaneiro
15-16 Febreiro
14-15 Marzo

Horario: De 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.

Lugar: Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas en Ourense.

Duración: 150 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Requisitos: Estar en posesión do título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, posuír polo menos un título de ensino secundario e acreditar unha experiencia no campo da educación ou animación no Tempo Libre de, polo menos, 250 horas, ou como integrante dun equipo de animación en campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor/a.

Número de prazas: 25

Prezo e prazo de inscrición: 225 euros ata o día 30 de setembro e 250 euros ata o día 10 de outubro.

Máis Información e Inscricións: web: ETL Aventeira

No teléfono 722 342 658 e no correo electrónico: escola@aventeira.com.