XXVII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda de Camariñas

16 Set 2019

O Concello de Camariñas convoca o XXVII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que terá lugar durante a XXX Mostra do Encaixe.

Poden participar alumnos e alumnas que estean cursando estudios en centros, escolas e academias que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non, os seus estudos rematados e todas aquelas persoas, vinculadas ao mundo do deseño, que aínda sendo profesional no campo da moda, non formen parte do equipo de deseño dunha empresa do sector da moda.
O tema e a modalidade á que poden optar é libre tanto para moda masculina como feminina, con tódalas súas variantes; quedando excluídos os deseños de moda infantil.
Os deseños presentados non puideron ser premiadas noutros certames de moda.
A memoria poderá estar impresa en formato DIN A3 ou A4, na portada deberá figurar obrigatoriamente o título da colección. O nome do autor/a non deberá figurar en ningunha parte da memoria.
A técnica dos debuxos é libre e cada deseño presentarase nunha lámina coa vista de fronte e posterior.
En cada deseño ten que indicarse onde se incorporará o encaixe de Camariñas.
As láminas deberán ir acompañadas dunha descrición técnica do deseño axustándose como mínimo á talla 38 modelo feminino e talla 42 modelo masculino, segundo o sistema europeo.

Para garantir a confidencialidade da identidade dos/as participantes presentarase a seguinte documentación:
- Modelo de solicitude - identificación que recollerá só nome da colección.
- Dos sobres pechados que han de conter a seguinte documentación:
Sobre A:  No exterior do mesmo deberá indicar “sobre A + nome colección”.
- Solicitude de participación segundo modelo que se achega a estas bases.
- Documentación acreditativa da identidade do solicitante (DNI, NIE u outros).
- Currículo do/a autor/a.
- Declaración xurada a que se refire nas bases.
Sobre B:  No exterior do mesmo deberá indicarse “sobre B +nome colección”.
- Conterá a memoria

O prazo de entrega da documentación estará aberto ata o 2 de decembro de 2019.

Premios:
1.º premio: 2.100 €.
2.º premio: 1.200 €.
3.º premio: 600 €.
Premio especial do público: 600 €.
Os catro premios daranse a coñecer o domingo, día 12 de abril, na clausura da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas.

Máis información:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/08/16/2019_0000006739.pdf