Lectores/as de español en universidades estadounidenses

13 Set 2019

Fullbright España convoca ata un máximo de 14 prazas para lectores de español en universidades estadounidenses dentro do programa Fulbright Foreign Language Teaching Assistants ( FLTA) durante o curso académico 2020-2021, por un período total de nove meses.
O programa ofrece a oportunidade de adquirir experiencia no ensino de español e coñecer profundamente a sociedade e cultura estadounidenses. Os participantes, ademais das súas responsabilidades docentes, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades extracurriculares mentres axudan a fortalecer e mellorar a calidade do ensino de español nas universidades participantes nesta convocatoria.

A bolsa ten unha duración dun curso académico (nove meses) e non existe posibilidade de renovación nin prórroga. A data de incorporación depende do calendario do centro de destino, pero en case todos os casos, a estancia terá lugar entre agosto/setembro de 2020 e maio/xuño de 2021.
A finais de xuño de 2020 terá lugar unha xornada de orientación pre-saída en Madrid. Durante o verán de 2020 celebrarase un curso de orientación pre-académica e a mediados do curso 2020-2021 organizarase un seminario de seguimento, ambos en Estados Unidos. Estas reunións son parte integral do Programa e, por tanto, de asistencia obrigatoria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o xoves 17 de outubro de 2019.

Requisitos
​Nacionalidade española.
Titulación superior con experiencia laboral ou formación acreditada no ensino de idiomas.
Bo nivel de Inglés demostrable con exame TOEFL (mínimo 90) ou ILTS (mínimo 6,5).
Flexibilidade, capacidade de adaptación e disposición para colaborar co departamento ao que se incorpore na institución de destino.

Dotación
4.000 dólares (ou o seu equivalente en euros) en concepto de gastos xerais e de viaxe.
As universidades achegan unha cantidade mensual que adoita variar entre 350 e 900 dólares en función do custo da vida no lugar de destino.
As universidades adoitan proporcionar, ademais, aloxamento e manutención no propio campus; se non o fan, ofrecen un estipendio mensual máis alto.
Seguro de enfermidade e de accidente por conta do Programa Fulbright.
En todos os casos, a oferta da universidade máis a achega da bolsa son suficientes para cubrir os gastos do lector durante a súa estancia en EEUU.

Máis Información
Comisión Fulbright. R/Xeneral Oráa, 55. Baixo. 28006 Madrid
Teléfono 91 702 7000. De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
registro@fulbright.es
fulbright.es