Queres ir a Islandia? Campos de Voluntariado

12 Set 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria de inscrición en cinco campos de voluntariado en Islandia, que se desenvolverán durante o outono/inverno. Son campos de temática medioambiental.

Requisitos:
Mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia que teñan entre 18 e 30 anos.
A solicitude presentarase mediante un formulario en liña: http://xuventude.xunta.es/index.php?option=com_breezingforms&ff_form=31&ff_page=1

Campos de voluntariado e datas:
Heveragerði-Health and Environment: 16/09/2019 - 30/09/2019
Heveragerði-Health and Environment: 30/09/2019 - 14/10/2019
Heveragerði-Health and Environment: 28/10/2019 - 11/11/2019
Sustainable living in Reykjavik and the WF Farm: 06/12/2019 - 16/12/2019
Heveragerði-Health and Environment: 27/12/2019 - 06/01/2020

Prezo:
Cota de participacion:  110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos). Unha cota extra de 180 euros que debera pagarse á chegada ao campo.
Inclúe os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico. A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario ou da voluntaria.
Descontos:
Carné xove: -25% na cota de participación
Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación
Familia monoparental: -25% na cota de participación.

Inscricións: ata cubrir prazas.

Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da documentación. O prazo para a entrega da documentación (nun dos rexistros ou lugares recollidos na normativa) é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico. Ademais, dentro deste prazo de 2 días háblides, deberase remitir, unha vez rexistrada, unha copia de toda a documentación ao correo electrónico
camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

Máis información na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Teléfonos: 981 544 838 e 981 957 115
camposdetraballo.xuventude@xunta.gal
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/8848-campos-de-voluntariado-en-islandia-2019