II Certame Literario VALÓRATE

11 Set 2019

A Asociación Cultural Outra Vaca no Millo pon en marcha o II Certame literario Valórate sobre a importancia da autoestima. Financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado dentro do programa de axudas Iniciativa Xove, pretende sensibilizar a mocidade galega sobre a importancia da prevención en conductas de risco ou violentas entre a pobación.


Na primeira fase do proxecto convócase un CERTAME DE MICRORRELATOS coas seguintes bases:

Accede ao TRÍPTICO INFORMATIVO

 

Poderá paricipar no certame calqueira persoa física con idade comprendida entre 16 a 30 anos (ambos incluídos).
O tema será “a autoestima”
A extensión das obras será de cincocentas (500) palabras como máximo -incluído o título-.
As obras estarán escritas en galego.             
Os textos deberán ser orixinais e non ser publicados en ningún medio ou soporte. Non poderán recibir previamente ningún premio ou accésit noutro certame ou concurso.
Os orixinais das obras presentaranse unicamente en formato dixital.

Os traballos deberán ser enviados á dirección electrónica: certamevalorate@gmail.com

No asunto do mail especificarase: II certame de relato Valórate e acompañarano dous arquivos adxuntos (en formato .doc ou .pdf).
O nome dos arquivos adxuntos terá a seguinte composición:
1- Para o relato: título do relato
2- Para a plica: título do relato_plica

Exemplo: Se o título do relato é “Atardeceres”,
Para o relato: Atardeceres
Para a plica: Atardeceres_plica

Os relatos irán asinados baixo pseudónimo.
O arquivo coa plica incluirá: título, pseudónimo, nome e apelidos, domicilio completo, fotocopia do DNI ou do pasaporte, teléfono e dirección de correo electrónico.
A organización non manterá correspondencia cos participantes no certame.

Premios:
Primeiro Premio: Tablet
Segundo Premio: Drone
Terceiro Premio: Altofalante

O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.