Bolsas en desenvolvemento rural, innovación e política forestal

10 Set 2019

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca bolsas de formación práctica para titulados universitarios na área de desenvolvemento rural, innovación e política forestal.
Requisitos:
Estar en posesión do título universitario de licenciado, enxeñeiro superior, máster ou titulacións equivalentes nas materias e especialidades relacionadas con estas bolsas.
Acreditar mediante titulación oficial coñecementos do idioma inglés de nivel mínimo B1.
A contía das bolsas será de 1.150 euros brutos mensuais.
Prazo:  30 de setembro de 2019
Máis información no BOE do 9 de setembro de 2019