Probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga

10 Set 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis  Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias:  As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas:  As probas terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.
Lugares:  As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 10 de setembro de 2019 e en www.lingua.gal