Monitor/a de Tempo Libre na Coruña- ETL Aventeira

09 Set 2019

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.
Datas:  fins de semana do 5 de outubro ao 8 de decembro.
Horario:  sábados e domingos de 9:00-14:00 e 16:00-21:00.
Lugar:  Aula Nosa, rúa Monasterio de Caaveiro 1 Baixo, 15010 A Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na cidade da Coruña e nos seus arredores, e unha acampada).
Duración:  200 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso.
Teléfono:  722 342 658
Correo electrónico:  escola@aventeira.com
Prezo e prazo de inscrición:  260 euros ata o 20 de setembro e 280 euros ata o 27 de setembro.
Formulario de inscrición e máis información:  https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/