A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca unhas sesións de coaching a desenvolver nos espazos emprende incluídos no proxecto Lidera co obxectivo de apoiar á xuventude no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.
OBXECTIVOS
- Apoio á orientación vocacional e o recoñecemento de habilidades e competencias profesionais.
- Mellora da autoestima na procura de emprego. Identificación e adestramento de habilidades emocionais.
- Identificación de tipos de condutas e habilidades sociais, básicas e avanzadas como a empatía, asertividade e a resolución de conflitos.
- Apoio na organización e planificación de metas profesionais.
- Axuda na confección do currículum vitae e a carta de presentación. Coñecementos sobre os procesos de selección e os tipos de entrevistas (individuais e grupais).
- Análise da procura de emprego a través de internet: a imaxe persoal nas redes sociais e nos portais e redes sociais de emprego e emprendemento.
- Formar en habilidades transversais.
- Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas.
DESTINATARIOS/AS
Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
LUGAR DE REALIZACIÓN
DATA | HORARIO | LUGAR DE REALIZACIÓN | ENDEREZO |
25/09/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Chantada |
R/ Rosalía de Castro, 1 27500 Chantada Lugo |
27/09/2019 * Esta actividade foi cancelada |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Lalín |
R/ Pena Toares, 2 36500 Lalín Pontevedra |
01/10/2019 |
16.30 -18.30 h |
Espazo Xove de Pontedeume |
R/ Alameda de Raxoi, s/n 15600 Pontedeume A Coruña |
04/10/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Vilagarcía |
R/ Xoan Carlos I 36600 Vilagarcía de Arousa Pontevedra |
09/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Carballo |
R/ Valle Inclán, 24 15100 Carballo A Coruña |
16/10/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Ourense |
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 32004 Ourense Ourense |
17/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Curtis |
Estrada Estación, s/n 15310 Curtis A Coruña |
23/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Betanzos |
R/ Valdoncel, 7 15300 Betanzos A Coruña |
25/10/2019 |
17:30 a 19:30 h |
Espazo Xove de Vilalba |
R/ Novo Cazón, s/n 27800 Vilalba Lugo |
28/10/2019 |
16:30 – 18:30 h |
Espazo Xove de Viveiro |
Avda Ceravntes, s/n 27850 Viveiro Lugo |
30/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Noia |
R/ Pedra Santaña, s/n 15200 Noia A Coruña |
06/11/2019 | 17:00 - 19:00 h | Espazo Xove de Lalín |
R/ Pena Toares, 2 36500 Lalín Pontevedra |
08/11/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Tui |
R/ Sanz, 28 36700 Tui Pontevedra |
PRAZAS POR ESPAZO XOVE
Un mínimo de 4 un máximo de 15 persoas.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 4 de setembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.
INSCRICIÓN
Mediante o envío de formulario electrónico.
ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.
PROXECTO LIDERA
Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.