Formación en IGUALDADE

03 Set 2019

O Servizo de Voluntariado e Participación, da Dirección Xeral de Xuventude, ven de convocar o curso "Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero 2019"

As primeiras edicións comezan a primeira semana de setembro.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Nº de horas: 16

Nº de prazas: 15

Contidos:
Módulo I. A figura da persoa voluntaria no contexto da violencia de xénero.
Módulo II. Conceptos básicos en igualdade e xénero.
Módulo III. Orixes Da Violencia De Xénero.
Módulo III. Recursos Existentes. Prevención E Afrontamento Da Violencia De Xénero. Boas Prácticas

Nº de edicións: 10 (Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Betanzos)
Nº de prazas: 15 por edición

Modalidade: presencial

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil Santiago: do 10 a 13 de setembro de de 16 a 20 horas
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo: 10, 12, 13 de setembro de 16 a 21 horas
Espazo Xove de Ourense: do 17 a 20 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Albergue Xuvenil Lug II: do 17 a 20 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Espazo Xove de Vilalba: 24 a 27 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Centro Quérote A Coruña: do 24 a 27 de setembro de 16:00 a 20:00 horas
Edificio Administrativo Ferrol: do 1 a 4 de outubro de 16:00 a 20:00 horas
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra: do 1 a 4 de outubro de 16:00 a 20:00 horas
Espazo Xove de Vilagarcía: do 8 a 11 de outubro de 16:30 a 20:30 horas
Espazo Xove de Betanzos: do 8 a 11 de outubro de 16:00 a 20:00 horas


Formulario de INSCRICIÓN