Monitor/a de Tempo Libre en A Coruña- ETL Aldebarán

29 Ago 2019

A Escola de Tempo Libre ALDEBARÁN convoca un curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre, que terá lugar en A Coruña, nas instalacións do CPR TOMÁS BARROS, na rúa Ramón María Aller Nº10 Baixo.

Datas: do 21 de setembro ao 21 de decembro
É un curso de fins de semana, sábados e domingos de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas (Alternando algún domingo só de horario de mañán).

Como actividades inclúese fomación en perspectiva de xénero e obradorios de lingua de signos. Reálizase unha acampada e ruta así como iniciación a globoflexia e pintacaras.

Cursos de formación complementaria
Curso de pintacaras. Mércores 4 de setembro de 16:30 a 20:30. Entrégase certificado de asistencia ao curso.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
info@centrotomasbarros.com
escolaldebaran@yahoo.es
Teléfono: 981270163 / 68