A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia Convoca o PREMIO Á INNOVACIÓN BIBLIOTECARIA DE GALICIA para o ano 2019 e establécense as bases reguladoras polas que se rexerá a súa concesión (código de procedemento CT237A).
Ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levados a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria, que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Deberán ser sustentables no tempo e fomentar a réplica nunha situación distinta pero en condicións similares.
Entenderase que a innovación non só implica unha nova acción senón un modo diferente e creativo de realizar prácticas tradicionais ou de reorganizalas.
Para os efectos desta norma, considéranse proxectos:
O conxunto de actividades concretas, interrelacionadas e coordinadas entre si cun obxectivo común, que se realizan co fin de producir determinados bens ou servizos capaces de satisfacer necesidades ou resolver problemas.
Consideraranse boas prácticas:
Unha experiencia ou actividade sinxela e concreta que xurde como resposta a unha situación que é necesario modificar ou mellorar.
Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais ou agrupacións de concellos de Galicia que Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns.
Prazo de presentación: do 09/08/2019 ao 09/09/2019.
Ligazón á normativa: DOG Núm. 150, Xoves,8 de agosto de 2019