Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais

02 Ago 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental.

O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

Información e inscricións