VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

01 Ago 2019

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, convocan a VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital.

As persoas participantes deberán enviar seis exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ao seguinte enderezo:
VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes. Pontevedra

Nas obras concursantes deberán aparecer escrito con claridade o título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.

A dotación do premio é de 2.500 €

O prazo de presentación das obras está aberto ata o día 30 de setembro de 2019.
http://fornelos.gal/wp-content/uploads/2019/07/VIII-Premio-de-poesia-Manuel-Lueiro-2019.pdf