Concurso de fotografía

31 Xul 2019

A Deputación de Lugo convoca A VI edición do Concurso de Fotografía nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, ten como fío condutor para este ano 2019: “AS NOSAS ÁRBORES”.
Con esta temática pretendése poñer en valor, dar a coñecer e festexar o patrimonio natural das nosas Reservas da Biosfera, unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento destes territorios.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non fosen premiadas con anterioridade.

As fotografías presentadas realizaranse no territorio da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e “Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, tendo como temática “As nosas árbores” dentro da Biosfera “Terras do Miño” e “Os Ancares  Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Becerreá”. Neste particular cómpre aclarar a que se refire este título: Procurarase obter instantaneas das árbores autóctonas que gocen dunhas características  extraordinarias que afagan destacar sobre o resto, tamén se admitirán fotografías de masas ou formacións arbóreas autóctonas (carballeiras, soutos, etc...). Estas particularidades poden referirse a súa idade, tamaño, beleza, etc..

Premios:
1º premio: 800 €.
2º premio: 500 €.
3º premio: 300 €.

Poderase presentar unha fotografía por autor/a.
A obra para concurso será presentada sen montar, sen enmarcar e sen passe-partout, e poderá ser realizada en branco e negro ou en cor. A fotografía entregarase un CD-ROM coa imaxe en formato TIFF, modo de cor RGB.  
O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No  mesmo CD-ROM deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG (.jpg) en modo de cor RGB. Será necesario acompañar unha  copia da fotografía en papel fotográfico cun tamaño de 20x30cm., ocupando a imaxe a totalidade do papel sen ningún tipo de marco. A fotografía deberá levar no dorso o título ou lema, e acompañarase dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor/a, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo  electrónico, título da obra e lugar onde se realizou. O devandito sobre levará no exterior o título ou lema da fotografía presentada.

O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 31 de outubro de 2019.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB