Bolsas para cursar estudos non universitarios e universitarios

31 Xul 2019

O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:

1. Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de Formación profesional realizados en Centros Docentes Militares.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Ensinos artísticos superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.
i) Formación Profesional básica.

2. Ensinos universitarios:
a) Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster, incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitarios da Defensa e da Garda Civil.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao.

Compoñentes das bolsas e contías:
1. Contías fixas.
a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2019-2020.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.600,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
d) Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
e) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 200 euros.

2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.

Prazos para presentar a solicitude:
15 de outubro de 2019, inclusive, para os estudantes universitarios.
1 de outubro de 2019, inclusive, para os estudantes non universitarios.

A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.educacionyfp.gob.es  mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina

Máis información no BOE do 31 de xullo de 2019 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html