Bolsas da Fundación Once para persoas con discapacidade

31 Xul 2019

A Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social das Persoas con Discapacidade, convoca a VI edición do Programa de Bolsas “Oportunidade ao Talento”

Bolsas de mobilidade transnacional.
Obxectivo. Favorecer e fomentar a presenza de estudantes con discapacidade en programas de mobilidade e intercambio con universidades estranxeiras, mellorando a súa formación, habilidades profesionais e dominio de idiomas.
Destinatarios: Alumnado de grao ou equivalente e alumnado de máster, matriculados/as nalgunha universidade estranxeira.
Contía: 6.000 euros por alumno/a en contía única.

Bolsas para máster e posgraos
Obxectivo: Fomentar a especialización dos/as universitarios/as con discapacidade, para mellorar a súa empregabilidade e o seu progreso profesional.
Destinatarios: Alumnado cun grao ou equivalente, matriculados ou preinscritos nun máster oficial de calquera universidade española ou institución educativa de recoñecido prestixio.
Contía: 3.000 euros por alumno/a en contía única.

Bolsas de doutoramento
Obxectivo: Promover a carreira académica e investigadora dos universitarios/as con discapacidade.
Destinatarios/ as: Universitarios/as en posesión de máster ou titulación equivalente e matriculados/as nalgún programa de doutoramento nalgunha universidade española.
Contía: 12.000 euros anuais por alumno/a.

Bolsas á investigación
Obxectivo: Promover a carreira investigadora das persoas con discapacidade.
Destinatarios/as: Doutores/as en calquera disciplina científica, cun proxecto investigador para desenvolver nunha Universidade ou Centro de Investigación de recoñecido prestixio.
Contía: 25.000 euros anuais por alumno/a.

Bolsas de Estudos e Deporte
Obxectivo: Potenciar a formación dual dos estudantes e deportistas con discapacidade, facilitando a compatibilidade da súa actividade académica e deportiva.
Destinatarios/ as: Estudantes de grao, ciclos formativos de grao medio ou superior e máster e posgraos, que compatibilicen os estudos coa práctica deportiva e non reciban contraprestación económica por iso.
Contía: 3.000 euros por alumno/a en contía única

Bolsas Fundación Once/ INECO de mobilidade  transnacional e máster para estudantes de enxeñerías
INECO ofrece dúas bolsas na modalidade de mobilidade  transnacional para estudantes de nacionalidade española que estean no último curso de grao ou máster e tres bolsas na modalidade de máster. Estas bolsas están dirixidas de maneira específica a estudantes con discapacidade nas áreas de coñecemento de Enxeñerías, Arquitectura, Economía e Dereito, valorándose especialmente as titulacións de ENXEÑERÍA CIVIL, ENXEÑERÍA DE SISTEMAS, CONSULTORÍA DE TRANSPORTES, TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, CALIDADE E MEDIO AMBIENTE.
Tras o desenvolvemento do curso, as persoas bolseiras nesta modalidade, poderán optar a unha primeira experiencia de formación, realizando prácticas remuneradas en INECO.

Bolsas Fundación Once/Fundación AQUAE
Fundación  AQUAE ofrece 2 bolsas para estudantes das áreas de coñecemento relacionadas co medio ambiente e/ou a auga.
Tras o desenvolvemento do curso, as persoas bolseiras nesta modalidade poderán optar a unha primeira experiencia formativa, realizando prácticas nas empresas do grupo Suez presentadas por Fundación AQUAE, segundo as necesidades da Compañía.

Bolsas Fundación ONCE/Banco de Sabadell
Banco de Sabadell ofrece bolsas “Oportunidade ao Talento” para estudantes en todas as áreas de coñecemento.

Prazo:
As solicitudes para as bolsas máster, mobilidade  transnacional e estudos e deporte poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes para as bolsas de doutoramento e investigación poderán presentarse ata ata o 10 de outubro de 2019.
As solicitudes presentaranse por vía telemática en http://becas.fundaciononce.es

Máis información en https://becas.fundaciononce.es/doc/bases_talento_2019.pdf