Axudas ás persoas agricultoras mozas

30 Xul 2019

A Consellería do Medio Rural convoca axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal dirixidas, dirixidas entre outros colectivos ás persoas agricultoras mozas.

Finalidade:
- Investimentos en activos físicos.
- Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, contribuíndo a mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola; e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario MR419A.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de agosto de 2019.
Máis información no DOG do 30 de xullo de 2019 e en http://mediorural.xunta.gal/es/