IV concurso de fotografía Xenerosidade

29 Xul 2019

A Fundación "CERMI Mujeres" convoca o IV concurso de fotografía ‘Xenerosidade’, que nesta edición desenvolverase co título "Empoderando ás nenas con discapacidade para o goce dunha vida libre de violencia".

As obras que se presenten ao concurso deberán ser orixinais, inéditas, é dicir, non publicadas en ningún soporte, incluído dixital, e non estar pendentes de votación ou ser premiadas noutro concurso. O xurado valorará especialmente a orixinalidade, estética, sensibilidade social, capacidade crítica e comunicativa e adecuación ao tema proposto. Así mesmo, valorarase o cumprimento de criterios de accesibilidade na obra e non se terán en conta aquelas instantáneas que vulneren o dereito á honra ou á intimidade.

Criterios de selección:  Valorarase especialmente a orixinalidade, estética, sensibilidade social, capacidade crítica e comunicativa e adecuación ao tema proposto. Non se publicarán nin aceptarán obras con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas. En definitiva, non se aceptará ningunha obra que sexa contraria á legalidade vixente. Así mesmo, valorarase o cumprimento de criterios de accesibilidade na obra.

Premios:
1º premio: 3.000 euros
2º premio: 2.000 euros
3º premio: 1.000 euros

Así mesmo, establécese a categoría de “mención especial” que recaerá sobre aquelas obras que o xurado considere de especial interese.

As obras a concurso han de ser remitidas en formato dixital cunha resolución mínima de 300 píxeles por polgada ao seguinte correo electrónico: coordinacion@fundacioncermimujeres.es co asunto: IV Concurso de Fotografía “Xenerosidade” 2019.

O prazo para enviar as fotografías permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

http://www.fundacioncermimujeres.es/es/noticias/la-fundacion-cermi-mujeres-y-el-real-patronato-sobre-discapacidad-abren-la-iv-convocatoria