Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

29 Xul 2019

O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2019-2020:

- Axudas directas para o alumnado incluíndo aos afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
- Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 26 de setembro de 2019 inclusive.
Máis información no BOE do 27 de xullo de 2019 e en www.mecd.gob.es