Bolsas para participar en programas de intercambio con países extracomunitarios

29 Xul 2019

A Consellería de Educación convoca 140 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2019/20.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

Requisitos das persoas solicitantes
- Estar matriculado no curso 2019/20 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario Galicia).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de setembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse a tavés de https://sede.xunta.es co procedemento ED411B
Máis información no DOG do 29 de xullo de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es