Traballador/ra social no Concello de Vilariño de Conso

26 Xul 2019

Concello de Vilariño de Conso. Contratación de persoal laboral temporal, mediante interinidade, que se indica:

 

Número e denominación das prazas: 1 traballador/ra social.

 

Modalidade da contratación: contrato laboral temporal, interinidade (ata incorporación da titular) Xornada: completa.

 

Duración do contrato: interinidade (ata incorporación titular).

 

Sistema de selección: concurso- oposición. Creación de bolsa de contratación.

 

 

Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao do da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.

 

 

O texto completo das bases reguladoras está publicado no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do concello.