Convocatoria de procesos selectivos para brigadas de extinción de incendios e operarios-condutores de motobomba.
Mediante o Decreto 1156/2019, do 23 de xullo, da concelleira-delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego, efectuouse a convocatoria e aprobáronse as bases para a selección do persoal laboral temporal que se indica:
- Brigadas: Duas brigadas, formadas cada unha por un (1) xefe de brigada, un (1) peón condutor e tres (3) peóns.
- Operarios-condutores de motobomba: Tres (3)
As bases que rexen os procesos selectivos poden consultarse na páxina web municipal (www.aspontes.org) e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello (Parque Municipal, s/n).
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais desde a publicación do presente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Información: BOP da Coruña núm. 140, de 26 de xullo de 2019.