Técnico de Patrimonio no Concello de Zas

26 Xul 2019

Anuncio da convocatoria para a contratación dun técnico/a de patrimonio e a formación dunha lista de substitución.

Por Resolución da Alcaldía, núm. 302/2019, de 22 de xullo, aprobáronse as bases para a contratación dun técnico de patrimonio do Concello de Zas e a formación dunha lista de substitución, a xornada completa.

O prazo de presentación de instancias é de sete días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na sede electrónica do Concello, https://sede.concellodezas.org.

Información: BOP da Coruña num. 140, de 26 de xullo de 2019.