Inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero

23 Xul 2019

A Consellería do Medio Rural convoca subvencións destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Entidades beneficiarias:
1. Cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario, as empresas do sector agrario de produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais (Ropciv).
2. Empresas forestais inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), empresas provedoras de material forestal de reprodución dadas de alta no seu rexistro oficial, as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) e as asociacións forestais que contraten vítimas de violencia de xénero.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2019
As solicitudes poden tramitarse a tavés de https://sede.xunta.es co procedemento MR466A e MR466B
Máis información no DOG do 23 de xullo de 2019