XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

19 Xul 2019

O Concello de Dodro convoca a XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Neste certame poderán participar os/as poetas que o desexen, sempre e cando os traballos estean escritos en lingua galega e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.
Os escritos deben ser orixinais, inéditos, non estaren comprometidos con ningunha editorial, non teren concorrido a outro certame pendente de resolución nin teren sido premiados.

Os traballos aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deben presentarse catro copias mecanografadas, soamente polo anverso e en papel tamaño DIN A-4, ao seguinte enderezo:

“XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro. A Coruña

Os poemarios ostentarán un título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre pechado que conteña: copia
do DNI do/a autor/a, datos de contacto -enderezo e teléfono-, breve currículo literario, lapis de memoria ou CD coa copia
orixinal da obra, así como unha declaración xurada sobre a autoría e a orixinalidade desta.

O prazo para presentar poemas estará aberto ata o 11 de novembro de 2019.
A dotación do premio é de 2.300 €. Terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta.

Máis información no BOP da Coruña do 19 de xullo de 2019 e en http://www.concellodedodro.org/