Probas libres para a obtención de títulos de FP actualmente extinguidos

16 Xul 2019

A Consellería de Educación fai dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos.

Realizaranse dúas convocatorias no curso académico 2019-2020, consonte o seguinte calendario:

a) A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente.
b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED517J e presentaranse nas secretarías dos centros  públicos sede destas probas.

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:
a) Para a primeira convocatoria: do 17 ao 31 de xullo de 2019.
b) Para a segunda convocatoria: do 4 ao 15 de maio de 2020.

Máis información no DOG do 15 de xullo de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/fp.