Contratación laboral temporal de dous (2) informadores turísticos no concello de Laxe

12 Xul 2019

Contratación laboral temporal de dous (2) informadores turísticos no concello de Laxe

O Concello de Laxe publica as Bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous (2) informadores turísticos para a  atención das oficinas municipais de información turística nos meses do verán do ano 2019.

Prazo de solicitudes:  As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As presentes bases tamén se publicarán a efectos informativos na páxina Web municipal e no taboleiro de anuncios municipal.

Máis información: Boletín Oficial da Provincia da Coruña N.º 131, venres, 12 de xullo de 2019

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/07/12/2019_0000005626.pdf