Xornadas de Xuventude Eurocidade_2020 Chaves Verín

10 Xul 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesa (FNAJ) e demais socios do proxecto Eurocidade_2020 , coorganizará unhas xornadas de xuventude que descorrerán en Chaves (Portugal) os vindeiros días 26 e 27 de xullo de 2019.

Obxectivos:

- Establecer un foro de discusión sobre a  participación dos mozos e mozas no desenvolvemento das eurorrexións,
- Apoio ao emprendemento e o emprego xove, analizando áreas estratéxicas de intervención das asociacións xuvneís.

Lugar: Hotel Premium Chaves – Aquae Flaviae (Chaves – Portugal).

Datas: 26 e 27 de xullo de 2019.

Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.

Prazas: 20 prazas para mozos/as galegos (+ 30 prazas para mozos portugueses que serán xestionadas pola FNAJ).

Inscrición: mediante formulario electrónico.
A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participante da cesión dos seus datos á FNAJ aos efectos exclusivos de organización da actividade.

Prazo de inscrición: do 10 ao 17 de xullo de 2019.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres  días seguintes, entenderase que non obtivo praza .

Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Transporte dende 7 localidades galegas (Lugo, Ourense, Verín, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo), sempre que haxa un mínimo de dúas (2) persoas en cada unha destas localidades.

Transporte: haberá servizo de transporte dende Galicia ata a localidade portuguesa de Chaves con saída o 26 de xullo (en horario de mañá) e volta o 27 de xullo (en horario de tarde) ao finalizar as actividades realizando o mesmo percorrido.
Rutas previstas (sempre que haxa un mínimo de dúas (2) persoas en cada unha destas localidades):
1ª ruta: Lugo – Ourense- Verín- Chaves.
2ª ruta: A Coruña – Santiago de Compostela – Chaves.
3ª ruta: Pontevedra- Vigo – Chaves
Hora estimada de chegada a Portugal o 26 de xullo: 15:00 hora local (16:00 hora galega).
Hora estimada de saída de Portugal o 27 de xullo: 17:30 - 18:00 hora local.


Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 1. Eurocidade inclusiva, Acción 4.1.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

PROGRAMA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Máis información:

roteiros.ctb@xunta.es