Persoas colaboradoras bolseiras nos Centros Residenciais Docentes.

05 Xul 2019

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras  para o curso 2017/2018, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2019.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2019/20.
A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
Non obstante, os solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculados no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50% do créditos indicados.

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

As bolsas podense solicitar en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2019.
Máis información no DOG do 5 de xullo de 2019 e en www.edu.xunta.es