Subvencións a proxectos privados de voluntariado orientados á mocidade

04 Xul 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado durante o ano 2019 nas seguintes áreas:

a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega, a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como:
1º. Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.
2º. Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.
3º. Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: local, comarcal, etc.
4º. Fomento das medidas establecidas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, tales como:
- Campañas:
Medida 33: promover campañas contra a cosificación do corpo das mulleres e a hipersexualización das nenas.
Medida 34: dar formación á mocidade sobre o uso axeitado e crítico da internet e das novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming,...).
- Medios:
Medida 56: atender as necesidades informativas da mocidade para frear condutas machistas que desembocan en malos tratos.
- Visualización e atención a outras formas de violencia contra as mulleres:
Medida 267: desincentivar a demanda de prostitución mediante campañas de concienciación e obradoiros de sensibilización dirixidos á mocidade.

b) Área de formación: persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través destas liñas fundamentais:
1º. Formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias.
2º. Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e mantemento de páxinas web.
3º. Fomento das medidas establecidas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, tales como:
- Campañas:
Medida 34: dar formación á mocidade sobre o uso axeitado e crítico de internet e das novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming,...).
- Medios:
Medida 56: atender as necesidades informativas da mocidade para frear condutas machistas que desembocan en malos tratos.

c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando, de xeito transversal, as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.

Beneficiarias/os
Entidades de acción voluntaria de carácter privado de Galicia, que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2019, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, e que se desenvolvan dentro das áreas de intervención previstas na Estratexia de acción voluntaria 2016-2018.

Requisitos
a) Que as entidades de acción voluntaria de carácter privado estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
b) Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarios ou voluntarias.
c) Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento BS508B
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2019.
Máis información no DOG do 4 de xullo de 2019 e en www.voluntariadogalego.org