Curso de vela adaptada

02 Xul 2019

Convócase unha acción formativa de vela adaptada que se centrará no desenvolvemento dos mozos e mozas con discapacidade como ferramenta de apoio á mellora das súas capacidades e habilidades.

Esta iniciativa formativa teórica práctica vinculada ao mundo mariño ten como obxectivos:

  • Apoiar o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas en xeral e dos mozos e mozas con discapacidade en particular, fomentar as súas capacidades e potenciar a autonomía e potencialidades.
  • Fomentar a participación das persoas mozas con discapacidade na sociedade.
  • Apoiar o proceso formativo da xuventude ofrecendo ferramentas para a adquisición de coñecementos para a formulación e desenvolvemento de proxectos que contemplen a globalidade da persoa con discapacidade e estimulen a súa autonomía.
  • Sensibilizar sobre o papel activo que as persoas con discapacidade poden desempeñar na sociedade poñendo énfase nas súas capacidades e habilidades.
  • Traballar con persoas con discapacidade aproveitando o traballo en equipo para que os participantes descubran as súas propias habilidades cara a súa inclusión.
  • Contribuír á sensibilización, concienciación e inclusión social.

Datas:

12 e 13 de xullo de 2019.

Horarios:

12 de xullo: de 16:00 a 19:00 horas.

13 de xullo: de 10:00 a 14: 00 horas.

Prazas:

12: 6 por cada xornada.

Lugar de realización:

Ría de Ares (A Coruña).

O/a mozo/a participante deberá incorporarse á actividade no Club Náutico Ría de Ares (Avenida Xeneral Gabeiras, s/n, 15624 Ares, A Coruña).

Os gastos de desprazamento ata o lugar de inicio da actividade correrá a cargo do mozo/a participante

Destinatarios:

1. Actividades do 12 de xullo:

Persoas galegas e portuguesas cunha discapacidade igual ou superior a un 33%.

2. Actividades do 13 de xullo:

Mozos e mozas galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade cunha discapacidade igual ou superior a un 33%.

Actividades

Bautismo de mar

Formación teórica e práctica sobre conceptos básicos de vela.

Datas de inscrición

Do 2 ata o 9 de xullo de 2019.

Inscrición

Mediante formulario de inscrición

Admisión

Por rigorosa orde de inscrición.

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día seguinte, entenderase que non obtivo praza.

PROXECTO LIDERA

Esta actividade enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

MÁIS INFORMACIÓN

xuventude@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN