Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios

01 Xul 2019

O Ministerio de Educación convoca 2.356 bolsas de colaboración en departamentos universitarios para promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.

Requisitos:
Poderán solicitar bolsas colaboración os estudantes universitarios que no curso 2018-2019 estean matriculados de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es  no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» e enviala antes do 18 de setembro de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xullo de 2019 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html