Prácticas formativas para persoas con discapacidade intelectual

01 Xul 2019

O Ministerio de Educación convoca bolsas para a realización de prácticas formativas para persoas con discapacidade intelectual.

Requisitos:
a) Posuír unha discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 por cento.
b) Estar a realizar un programa ou itinerario de inserción laboral individual que contemple prácticas formativas como complemento das accións orientadas á integración laboral dos beneficiarios.

Importe:  A contía da dotación mensual establécese en 460 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de xullo de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xullo de 2019 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html