Subvencións a programas sociosaniatarios

27 Xun 2019

A Consellería de Sanidade convoca subvencións ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario.

Requisitos:
a) Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro que teña explicitamente entre os seus fins estatutarios a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo a que se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os cales se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, ludopatía, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria, parálise cerebral, linfedema e enfermidades neurodexenerativas.
b) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de anterioridade á data de publicación da convocatoria.
c) Desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Ter un horario mínimo de atención ao público de 20 horas semanais, para dar información e prestar axuda principalmente ás persoas afectadas pola problemática referida.

Os programas subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de axuda:

Liña A: programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas á ludopatía, ao alcoholismo e/ou ao alcoholismo e outras adiccións sen substancia:
a) Ludopatía: programas sociosanitarios de rehabilitación en persoas afectadas por ludopatía.
b) Alcoholismo e/ou alcoholismo e outras adiccións sen substancia:
1º. Programas sociosanitarios de apoio á abstinencia en persoas non sometidas a tratamento ambulatorio.
2º. Programas sociosanitarios de prevención de recaídas dirixidos a pacientes que se atopen en tratamento ambulatorio.

Liña B: programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas afectadas por dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria, parálise cerebral, linfedema e enfermidades neurodexenerativas:
a) Programas de rehabilitación fisioterapeútica.
b) Programas de rehabilitación logopédica.
c) Programas de rehabilitación cognitiva.
d) Programas de terapia ocupacional.
e) Programas de apoio psicolóxico.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de xullo de 2019.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co código de procedemento SA803A
Máis información no DOG do 27 de xuño de 2019.