Masterclass musicais: acción formativa en interpretación de instrumentos de teclado

25 Xun 2019

Convócase un programa formativo no eido musical a través de clases maxistrais para a interpretación de instrumentos de teclado, cubrindo períodos históricos moi amplos dende a música renacentista, medieval, barroca, clásica, contemporánea, tradicional, jazz ou moderna.

Trátase dunha actividade formativa que reforzará as sinerxias entre a cultura galega e portuguesa e permitirá descubrir o patrimonio cultural das dúas ribeiras do río Miño entre Galicia e Portugal.

Con estas clases maxistrais créase un espazo onde a persoa música, ademais de enriquecerse individualmente como intérprete recibindo clases do seu instrumento, amplía a súa visión global da música aprendendo o resto dos estilos musicais e instrumentos que están intrinsicamente ligados ao seu.

Esta iniciativa formativa desenvolverase no IKFEM (“International Keyboard Festival & Masterclass da Eurocidade Tui – Valença) no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA).

DESTINATARIOS:

Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 16 e 30 anos:

A) No caso de piano clásico, piano jazz, acordeón, cravo e órgano:

  • Con titulación ou estudando nun centro oficial de música
  • Con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.

B) No caso de zanfona e canto:

  • Con coñecementos musicais.
  • Con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.


LUGARES DE REALIZACIÓN:

Tui e Valença do Minho

DATAS:

Do 17 ao 21 de xullo de 2019 en horario de mañá e tarde.

O/a mozo/a participante deberá incorporarse á actividade o 17 de xullo ás 9.00 horas no Espazo Xove de Tui (r/ Sanz, 28, 36700 Tui).

PRAZAS:

50 para mozos e mozas activos/as, 10 por especialidade, agás órgano e cravo que contarán con 5 prazas respectivamente.

COBERTURA:

Os gastos de aloxamento, manutención e transporte correrán a cargo do/a mozo/a participante nas actividades.

ACTIVIDADES:

  • En horario de mañá: sesións formativas individuais de instrumentos.
  • En horario de tarde: sesións grupais nas que cada día cada mozo/a participante asistirá a unha clase por especialidade para aprender de forma global.

Esta iniciativa formativa musical completarase con actividades paralelas adicadas á composición, un obradoiro sobre música mecánica e fonografía, a proxeción dun documental sobre Enrique Granados, prácticas de combo e concertos de estudantes xunto á programación de concertos do IKFEM.

1. Master classes de instrumento

Piano clásico
10 participantes
Profesor: Maurizio Moretti

Piano Jazz
10 participantes
Profesor: Abe Rábade

Acordeón
10 participantes
Profesor: Víctor Prieto

Zanfona
10 participantes
Profesor: Germán Díaz

Canto
10 participantes
Profesor: Luis Mª Pacetti
Asistente: Lourdes Leiva
Pianista acompañante: Daniel Pereira

Cravo
5 participantes
Profesor: Daniel Oyarzábal

Órgano
5 participantes
Profesor: Daniel Oyarzábal

2. Obradoiros

Documental
O amor e a morte. Historia de Enrique Granados.
Profesora: Rosa Torres Pardo

Composición
Sinfonismo galego dos séculos XX e XXI.
Profesor: Juan Durán

Obradorio de zanfona e instrumentos mecánicos
Os participantes aprenden a perforar unha melodía en cartóns para despois tocala cun instrumento mecánico.
Profesor: Germán Díaz

3. Concertos dos participantes.

Os/as mellores participantes elixidos/as polos/as profesores/as actuarán en tres concertos e terán a oportunidade de tocar conxuntamente nun combo de jazz con batería e contrabaixo.

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019.

INSCRICIÓN:

Mediante o envío de formulario electrónico.

ADMISIÓN:

Criterios de selección:

A) Piano clásico, piano jazz, acordeón, cravo e órgano:

    1º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 30 anos con titulación ou estudando nun centro oficial de música, por rigorosa orde de inscrición.

    2º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 30 anos con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.

    3º) Mozos e mozas con idades entre 16 e 17 anos con titulación ou estudando nun centro oficial de música, por rigorosa orde de inscrición.

    4º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 30 anos con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.

B) Zanfona e canto:

    1º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 30 anos con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.

    2º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 30 anos con coñecementos musicais, por rigorosa orde de inscrición.

    3º) Mozos e mozas con idades entre 18 e 17 anos con experiencia en interpretación de instrumentos de teclado.

    4º) Mozos e mozas con idades entre 16 e 17 anos con coñecementos musicais, por rigorosa orde de inscrición.

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos cinco días hábiles seguintes, entenderase que non obtivo praza.

PROXECTO LIDERA

Esta actividade enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten  como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

MÁIS INFORMACIÓN

Teléfono: 638359028

Correo electrónico: masterclass@ikfem.com

www.ikfem.com

FORMULARIO DE INSCRICIÓN