Queres estudar un ciclo marítimo ou naútico pesqueiro?: prazas de residencia e de comedor nas residencias de Mar

25 Xun 2019

A Consellería do Mar convoca ás prazas de residencia e de comedor nos seus centros residenciais para o curso 2019/20.

Requisitos:
Estar matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realizar os seguintes estudos:
a) Marítimo-pesqueiros:
– Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Náutico-pesqueiros:
– Capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca e mariñeiro/a pescador/a.

As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:
a) Residencia en pensión completa.
b) Media pensión.
c) Xantar diario non regular.

Prazas:
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (Pontevedra)
65 pensión completa
5 media pensión e xantar diario non regular

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (A Coruña)
45 pensión completa
10 media pensión e xantar diario non regular

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PE606A
Máis información no DOG do 25 de xuño de 2019 e en http://www.mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion