Programas integrados de emprego para a Mocidade

20 Xun 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, entree os colectivos aos que vai dirtixido está a mocidade.

Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
O total de horas de formación do programa deberá ser como mínimo de 300 horas.
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen os usuarios das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

Entidades beneficiarias:
a) As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

Distínguense os dous seguintes tipos de programas:
A) Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres de calquera dos colectivos especificados.
B) Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:
a) Persoas con discapacidade.
b) Persoas en risco de exclusión social e persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
c) Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.
d) Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.
e) Persoas menores de 30 anos cualificadas.
f) Persoas maiores de 45 anos.
g) Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas na letra b).
h) Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
i) Persoas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (Prepara).
j) Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.
k) Mulleres.
l) Persoas desempregadas de longa duración.
m) Persoas inmigrantes.
n) Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR332A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de xullo de 2019.
Máis información no DOG do 20 de xuño de 2019