II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

17 Xun 2019

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca o II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para o ano 2019

Requisitos de participación
Poderá optar a este premio calquera persoa maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos.

Presentaranse 5 copias do texto en exemplares separados, paxinados e grampados ou encadernados, en formato DINA4, mecanografados, a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante, e polo tanto, romper o anonimato.

Haberá un único premio de 3.000 €

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 15 de outubro de 2019
Poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co procedemento CT143A.
Máis información no DOG do 14 de xuño de 2019 e en http://cgac.xunta.gal/