Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

07 Xun 2019

A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos: Bacharel, Técnico superior, Título universitario, Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A

Datas das probas:
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela:
a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas
b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
c) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 10.00 horas.
d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.
f) Na modalidade de Vela, o día 13 de setembro, ás 11.30 horas, nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa

Que deporte podes estudar?:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1550

Máis información no DOG 7 de xuño de 2019 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212