Premio Impulsarte by Petit Palace

04 Xun 2019

Ata o próximo 23 de xuño queda aberta a convocatoria para o Premio Impulsarte by Petit Palace dirixido a artistas de ata 35 anos de idade e residentes en España.

Entre 10 e 15 finalistas terán a oportunidade de formar parte dunha exposición colectiva como parte da programación de  HYBRID Festival do 13 ao 15 de setembro no hotel  Petit  Palace  Savoy Alfonso  XII, un hotel situado nun antigo palacete do século XIX en Madrid.

Durante os días da exposición, un xurado de expertos do mundo da arte valorará as obras e escollerá como gañador a un dos artistas. O premio consiste nun só  project en  HYBRID  Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.

Aceptaranse traballos en pintura, escultura, obra gráfica orixinal, fotografía,  videoarte ou instalación. No caso de que se trate de obra tridimensional ou obra de especiais características, a solicitude deberá acompañarse das instrucións necesarias para a montaxe. Cada artista poderá presentar de 1 a 3 pezas. A aceptación de múltiples pezas realizarase a condición de que haxa unha coherencia entre as mesmas (pertenzan á mesma serie ou se complementen).

O gañador do Premio Impulsarte by Petit Palace comprométese a participar na cuarta edición de HYBRID Art Fair que terá lugar do 28 de febreiro ao 1 de marzo de 2020 no hotel Petit Palace Santa Bárbara.

Requisitos
A participación está aberta a artistas de calquera nacionalidade, residentes en España e ata os 35 anos de idade incluídos. Poderán volver presentarse artistas seleccionados en anteriores edicións da convocatoria pero quedan excluídos os artistas que xa gañasen o premio noutra ocasión.

Dotación: O premio consiste nun só  proxecto en HYBRID Fair 2020 e un premio en metálico de 1.000 euros.

Máis información: festival@hybridart.es e www.hybridfestival.es