Queer it up! - including Sexual Orientation and Gender Identity and Expresion in Youth Work Practice

04 Xun 2019

A Axencia Nacional Española do programa Erasmus+: Mocidade en Acción a través da plataforma Salto-Youth, convoca o Curso Queer it up! - including Sexual Orientation and Gender Identity and Expresion in Youth Work Practice

Período de inscrición:  Do 18/04/2019 ao 21/07/2019    
Datas:  Do 23 ao 28 de setembro de 2019 en Mollina (Málaga)

Este curso de capacitación ten como obxectivo explorar a identidade sexual e a expresión e identidade de xénero para aqueles que non están familiarizados co colectivo LGTBI+.

Este curso proporcionará aos participantes as competencias necesarias para incluír as perspectivas de orientación sexual e identidade e expresión de xénero na práctica de traballo no ámbito da mocidade e para combater prexuízos e actitudes discriminatorias.

Obxectivos específicos do curso:
- Proporcionar as competencias necesarias para incluír un enfoque positivo á orientación sexual e a identidade e expresión de xénero na práctica laboral xuvenil.
- Explorar as especificidades e os desafíos de traballar con novos LGTBI+ en contornas educativas e actividades europeas.
- Ver as dificultades que enfrontan o novos LGTBI+ e como os profesionais poden converterse en facilitadores para un cambio ou crecemento positivo.
- Proporcionar un marco de acción e unha serie de ferramentas para desafiar a discriminación sobre a base de  SOGI.
- Ofrecer un espazo de consulta e crecemento persoal dos participantes.
- Crear conciencia e aceptación das persoas LGTBI+ na Unión Europea.
- Chegar aos cidadáns, fomentar a diversidade e a non discriminación.
- Apoiar aos actores crave responsables de promover e avanzar en igualdade de dereitos para as persoas LGTBI+ na UE.
- Utilizar o programa Erasmus+: Mocidade en Acción como ferramenta para levar a cabo proxectos que promovan o dereitos LGTBI+, os dereitos humanos e a igualdade.

A  ANE cobre os gastos de aloxamento e manutención durante o curso así como as viaxes, excluíndo os desprazamentos locais (domicilio a estación ou aeroporto). A xestión dos billetes das persoas seleccionadas farase desde a  ANE, polo que non se reembolsará ningún billete adquirido por outro medio

Requisitos
Dirixido a traballadores no ámbito da mocidade,  formadores, líderes xuvenís, responsables de políticas de mocidade, titores de proxectos de voluntariado e educadores.

https://www.salto-youth.net/tools/european-training-calendar/training/queer-it-up-including-sexual-orientation-and-gender-identity-and-expresion-in-youth-work-practice.7897/