Bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

28 Mai 2019

A Xunta de Galicia convoca 6 bolsas para a formación de  persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
- Ter veciñanza administrativa en Galicia.
- Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2009 ou posterior.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 28 de maio de 2019 e en http://www.cooperaciongalega.org