PLANAZO EN MEIS 2019

21 Mai 2019

O Concello de Meis organiza PLANAZO EN MEIS 2019 (actividades de lecer no verán para a mocidade)
Percorrido polo Concello, mesturando actividade fisica, deportiva, artística, didáctica e cultural na que se deseñará un mapa de recursos de Meis, resaltando as súas potencialidades, da contorna, da xente, dos lugares e recunchos dignos de mención e recoñecemento. Finalmente poñer en valor o traballo, reflexado nunha pegada orixinal, cunha intervención artistica nun lugar de paso, ademais de diferentes recursos lúdicos en papel para difusión do Concello.

Participantes:  mozas e mozos de 12 a 17 anos
Datas:  do 15 ao 30 de xullo
Lugar:  Centro Multiusos do Mosteiro
Horario:  de luns a venres de 10h a 14h
Cota:  30€/ empadroados/as. 40€ / non empadroados/as

Información e inscricións na OMIX do Concello de Meis, Praza de España 18 O Mosteiro (Meis)
teléfono 986 712 277 e 615 299 794
omix@meis.gal
www.meis.gal