Subvencións a asociacións xuvenís

21 Mai 2019

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2019.

Beneficiarios:
Entidades e organizacións de carácter non gobernamental que estean legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal como:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros novos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus Estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
- Acreditar  documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta, Melilla e Canarias.

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 21 de maio de 2019 e www.injuve.es