Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

20 Mai 2019

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2019 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas* e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 21 de maio de 2019 e en http://mediorural.xunta.gal

*Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumprido os dezaoito anos e non teña cumprido máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outras persoas agricultoras.